• Proxectos

    En AC2Larquitectura realizamos todo tipo de Proxectos de Edificación e Urbanismo. 
								Somos especialistas en construción de Nova Planta e Rehabilitación para uso Residencial, tanto en Vivenda Unifamiliar 
								como Plurifamiliar así como no Acondicionamento Interior de Locais Comerciais. Ademais da redacción dos Documentos Básicos , 
								de Execución, de Urbanización e de Actividade levamos a cabo un exhaustivo traballo de Dirección das Obras a realizar..
  • Medicións

    Realizamos todo tipo de traballos de Medición, tanto de Parcelas e Solares como de Edificacións e Locais Preexistentes. 
								 Estes Documentos soen ser necesarios para proceder a Actualización dos Datos Catastrais así como das Escrituras de Propiedade 
								 dos seus bens inmobles. Por fin poderá coñecer con exactitude as Superficies Reais e actuais das súas propiedades..
  • Estudos

    Tamén nos encargamos de levar a cabo todo tipo de Estudos relacionados co Urbanismo. Somos especialistas en Estudos de Edificabilidade 
								de Parcelas así como en análise do Planeamento Municipal. Informámolo da Clasificación do Solo  da súa finca e das operacións Urbanísticas 
								e de Construción que pode levar a cabo en elas segundo as Normativas vixentes. Encargámonos da redacción da súa Alegación en período de 
								exposición pública dos novos Plans Xerais.
  • Informes

    Redactamos todo tipo de Informes relacionados coas súas propiedades. Somos especialistas en Certificados de Antigüidade 
							e de Estabilidade Estrutural. Estes Documentos soen ser necesarios tanto na redacción dos Documentos de Propiedade dos seus bens como nos 
							Expedientes de Legalización ou Inicio de Actividade dos mesmos..
  • Certificados

    Realizamos o Certificado de Eficiencia Enerxética da súa Vivenda, sexa esta Antiga ou de Nova Planta. 
							Esta Certificación é obrigada para todas as Edificacións que se dispoñan para a Venda ou Aluguer dende o 1 de Xuño de 2013. 
							Procedemos á redacción de toda a Documentación relativa a este trámite así como o seu pertinente Rexistro Administrativo.
  • Xestión

    Ademais da redacción da Documentación pertinente indicada nos apartados anteriores somos uns dos excasos profesionais 
							que nos encargamos da Xestión dos seus expedientes directamente nas administración correspondentes. Notaría, Concello, Catastro, 
							Rexistro da Propiedade, oficinas do ORAL, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Patrimonio, etc… non sempre son accesibles 
							para o cidadán, con AC2Larquitectura non ten por qué preocuparse, nós encargámonos de todo.